Liña de financiamento dentro do programa marco Horizon 2030, cuxo obxectivo é desbloquear o potencial das illas europeas para transformarse en locomotoras de enerxía verde como lugares estratéxicos onde testar:
Innovacións tecnolóxicas en eficiencia enerxética e enerxías renovables.
Solucións de almacenamento.
Modelos de transporte limpo.
Promotores:
Asociación Arousa en Transición.
Concello de A Illa de Arousa.
Obxectivo:
O Consorcio NESOI ofrece a asistencia técnica para a redacción dun estudo de viabilidade dunha Comunidade Local de Enerxías Renovables (CLER) na Illa de Arousa, analizando para o seu desenvolvemento os seguintes aspectos:
Forma xurídica e estrutura de gobernanza.
Recursos humanos precisos.
Tipos de instalacións de xeración.
Análise financeira e opcións de financiamento.
Análise de barreiras socioeconómicas e medioambientais.