Mar&Luz.1
Primeira Célula de Autoconsumo Compartido na Arousa
Promotores:
Asociación Arousa en Transición (12 vivendas).
0PP20/Confraría de Pescadores de San Xulián.
Concello de A Illa de Arousa.
1. INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA EN RÉXIME DE AUTOCONSUMO COMPARTIDO
Para a instalación dos paneis solares, utilizouse a cuberta dunha nave propiedade do Concello da Illa de Arousa, que forma parte desta iniciativa xunto coa sociedade OPP20 (Organización de Produtores de Moluscos) e doce familias socias de Arousa en Transición. Este proxecto actúa como eixo dinamizador ó converterse nun modelo de replicabilidade en todo o territorio insular.
Adicionalmente, esta forma de produción en réxime de consumo compartido permite ás familias simplificar os trámites administrativos asociados á legalización da planta, así como reducir os custos de inversión e mantemento da mesma.
2. CARGADOR DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS DE USO PÚBLICO
O primeiro en todo o municipio, polo que supón un paso importante para mudar os modos actuais de mobilidade na illa, facilitar a introdución do vehículo eléctrico e crear unha rede de puntos de recarga para satisfacer a demanda futura.