O 22 de febreiro de 2020, tivemos a oportunidade de celebrar a xornada sobre a construción baixo o nome "A Miña Casa Eficiente". Esta xuntanza estivo encadrada  dentro das xornadas sectorias levadas a cabo polo equipo de transición enerxética da Illa de Arousa, "Arousa en Transición", logo dun chamamento a través das distintas redes socias, puidemos contar cunha ampla representación de profesionais vencellados ó noso sector, no que non faltaron técnicos/as, isntaladores, constructores... que desenvolven a súa actividade habitual na Arousa. 

Resultou especialmente gratificante a asistencia de usuarios/as  de diferente rango de idade, motivados pola curiosidade para a recollida de posibles ideas, en materia de construción e reforma das súas vivendas

Durante esta xornada, tivemos a oportunidade de contar coa presenza dunha Arquitecta e membro da antiga delegación en Galicia da empresa “Slowhome”, pioneira en España na construción de casas pasivas e ecolóxicas. María achegounos unha pequena mostra dalgúns materiais: la de ovella para illar, o perfil de carpintería de madeira e un SATE (Sistemas de Aillamento Térmico polo Exterior), este último sistema por custo e cualidades, se está a facer habitual na nova e na rehabilitación das vivendas.

RESUMO A MIÑA CASA EDICIENTE.pdf